Onte 1920: «Paterson» ou a defensa da poesía

bretemas —  30 de Setembro de 2017 — 1 Comment

Levaba tempo agardando por ver Paterson, a película de Jim Jarmusch que relata a peripecia dun condutor de autobús que escribe poesía na cidade de Paterson, Nova Yersey, onde naceu o poeta Allen Ginsberg e onde escribiu boa parte da súa obra poética William Carlos William, o poeta preferido polo protagonista. Enfrontando durante unha semana a vida dunha parella de namorados, a rotineira do poetacondutor (almorzo, traballo, regreso, cea, paseo co can, cervexa no bar do barrio) coa ollada dinámica, optimista, soñadora e enérxica da súa compañeira, cociñeira de cupcakes e deseñadora de cousas en branco e negro, Jarmusch pretende deitar unha ollada poética sobre o cotián como mellor xeito de promover o interese pola poesía («palabras escritas sobre a auga»). Paterson atende as conversas dos seus viaxeiros, mais apenas fala con eles, mentres conducindo cisma na creación dos seus textos de linguaxe moi coloquial que salva despois nos tempos de descanso no seu inseparable caderno.

Película de boa factura e impecable interpretación, sobre todo da iraní Golshifteh Farahani, fraquea un chisco na súa narratividade, tanto pola práctica ausencia de conflito como pola previsibilidade do seu desenlace. Mágoa que Jarmusch desaproveitase a oportunidade de traducir con maior rotundidade a poesía en linguaxe cinematográfica. Con todo a película constitúe unha interesante defensa da poesía, esa «preferencia por ser só un peixe» e non calquera outro animal.

Comparte este artigo:
Facebook Twitter Digg Email

One response to Onte 1920: «Paterson» ou a defensa da poesía

  1. Sempre ando atento a teu blog. Es unha fonte na que beber sen medo a unha intoxicación.Ser un peixe, palabras escritas na auga. Oxalá tivese a metade da capacidade de traballo que tes. Cando me gusta algo, suboo ao meu face.Lástima que non teña un bo libro para ti…as boas intencións non fan boa literatura. Ademais os engadidos da actualidade que pesan sobre os autores a min non me van moito.Escritor escribe.Editor edita.Lector le. e punto. Na sección campo do fragoso estás facendo crónica deportiva. Eu son de todos os equipos galegos, do Madrid, e sobre todo do Pontevedra.Agora xa non vou a Pasarón…o estadio está mal feito…mete auga en preferencia e a finais de verán é unha sauna.Un campo novo…Teño 7 obras colgadas en Amazon…

Deixa unha resposta

Podes utilizar algúns tags HTML para formatear a túa resposta. Preme no seguinte link HTML. <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

*

Canto suman 3 + 8 ?
Please leave these two fields as-is:
Esta pregunta faise porque a maioría dos comentarios veñen de robots. Deste xeito sei si és humano.