Onte 1625: Transición horaria

bretemas —  28 de Marzo de 2016 — 1 Comment

A mudanza ao horario de verán, que sufrimos onte, reabriu o debate sobre a posibilidade de adopción da «hora galega», que non é outra ca do meridiano de Greenwich (GMT). Unha proposta que hai dez anos foi aprobada na XIIª Asemblea Nacional da BNG e que hai uns meses foi incluída polo PSOE e Ciudadanos no marco do seu acordo programático de goberno. Quen o diría para unha proposta ridiculizada entón por José Blanco. Tras 75 anos de imposición da hora central europea (UTC/GMT+1), en realidade «hora alemá», outra das medidas da ditadura aínda non modificadas, semella sensato asumir a reintegración ao fuso horario xeográfico da península. Unha medida, ademais, avalada polo informe sobre racionalización horaria e polas propostas de conciliación efectiva da vida laboral e familiar. Na cuestión horaria tamén se precisa unha transición efectiva.

Comparte este artigo:
Facebook Twitter Digg Email

One response to Onte 1625: Transición horaria

  1. Grazas polo breve mais pertinente apuntamento sobre a cuestión horaria. Se cadra che interesa dar a coñecer e unirte dalgunha maneira á iniciativa http://www.horagalega.info

    Saúde e #HoraGalega!

Deixa unha resposta

Podes utilizar algúns tags HTML para formatear a túa resposta. Preme no seguinte link HTML. <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

*

Canto suman 6 + 8 ?
Please leave these two fields as-is:
Esta pregunta faise porque a maioría dos comentarios veñen de robots. Deste xeito sei si és humano.