Onte 1564: Primeira enquisa das Autonómicas

bretemas —  18 de Xaneiro de 2016 — 1 Comment

13tv-16-01-2016

Coñecimos onte as primeiras enquisas para as Autonómicas deste ano. Para 13tv, a canle da Igrexa, o PPdeG perderá a maioría absoluta e sufrirá un severo retroceso ( 37 % dos votos e 32 escanos), precisando para gobernar das actas de Ciudadanos (9 % e 6 escanos), un partido que se estrearía no Hórreo a pesar de non contar en Galicia con organización ou liderado identificables. Como tamén resulta significativa na enquisa a desaparición do BNG, consolidando o seu pésimo resultado das Xerais, mentres que En Marea (25 % e 20 escanos) daria o sorpasso na cámara sobre o PSdeG-PSOE (21 % e 17 escanos). En todo caso, esta primeira sondaxe presenta un escenario aberto e un posible resultado axustado, onde se enxerga a posibilidade dunha alternativa de esquerda aos gobernos de Feijoo. Xaora, para o resultado das Autonómicas será determinante o que suceda finalmente coa formación do novo Goberno ou coa posibilidade dunha nova convocatoria electoral a comezos da primavera. Onte Feijoo amosábase no Faro dubidoso, xa que semella non chistarlle moito a evolución da política galega onde se consolida En Marea e emerxe Ciudadanos.

Comparte este artigo:
Facebook Twitter Digg Email

One response to Onte 1564: Primeira enquisa das Autonómicas

  1. Non chas creo, non chas creo
    enquisas do teu cuñado,
    non chas creo, non chas creo
    que me cheiran ao chamosco…
    Lumeee,
    dame lume,
    dame lume Leonor,
    o que torna do frío
    tamén torna da calor.

Deixa unha resposta

Podes utilizar algúns tags HTML para formatear a túa resposta. Preme no seguinte link HTML. <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

*

Canto suman 2 + 7 ?
Please leave these two fields as-is:
Esta pregunta faise porque a maioría dos comentarios veñen de robots. Deste xeito sei si és humano.