Onte 1307: Sondaxes

bretemas —  27 de Abril de 2015 — 2 Comentarios

la_voz_de_galicia

Non me atrevo a valorar a fiabilidade das sondaxes publicadas onte por La Voz de Galicia. Xaora, alertan sobre tendencias electoriais que non me parecen disparatadas. Primeira: as posibles maiorías absolutas de Abel Caballero e Miguel Anxo Lores, que se sitúan moi por riba da tendencia á baixa dos seus partidos no resto das cidades. Segunda: a necesidade que terá o PP de apoiarse na súa marca branca de Cidadáns para poder manter un par de alcaldías. Terceira: as importantes dificultades das Mareas, coa excepción da liderada por Martiño Noriega en Compostela e quizais á da de Xulio Ferreiro na Coruña, de contar cos votos vertebrados por Podemos noutras convocatorias. No entanto, a un mes da convocatoria, con estas sondaxes todos terán razóns para a esperanza. O Partido Popular podería conservar os mobles cun par de alcaldías, repartíndose o resto o PSOE, o BNG e as Mareas. Bendita fragmentación!

Comparte este artigo:
Facebook Twitter Digg Email

2 responses to Onte 1307: Sondaxes

  1. E que comentario facer vendo a dondaxe?.Mellor calar e agardar ao día electoral.Tampouco me atrevo a valorar.Xaora

  2. Vendo a intensidade do azul, despois do que leva chovido, solo cabe aquelo de : ” ¡¡¡Qué fermoso país e qué carallo de xente!!!!

Deixa unha resposta

Podes utilizar algúns tags HTML para formatear a túa resposta. Preme no seguinte link HTML. <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

*

Canto suman 7 + 9 ?
Please leave these two fields as-is:
Esta pregunta faise porque a maioría dos comentarios veñen de robots. Deste xeito sei si és humano.