Onte 1185: «Personas en general»

bretemas —  26 de Decembro de 2014 — 1 Comment

caritas_coruñaO comportamento racista dos responsables do roupeiro da delegación de Cáritas da Coruña é un síntoma da pervivencia deste tipo de prácticas discriminatorias na sociedade nosa. O feito de diferenciar no funcionamento e organización do roupeiro entre «personas en general» e «gitanos», como a delegación de Cáritas da Coruña ven facendo dende hai quince anos, vulnera a dignidade das persoas e constitúe unha práctica inadmisible, como sería calquera outra que discriminase aos usuarios e usuarias dun servizo polo seu sexo, raza, lingua ou procedencia xeográfica. Comportamentos e expresións racistas sintomáticas, que aparecen entre nós con facilidade, o que nos obriga a mantérmonos a espreita para denuncialas e para propór comportamentos e medidas verdadeiramente inclusivas. Xaora, cómpre recoñecer a rapidez coa que Cáritas expresou a súa repulsa e incompatiblidade con estes comportamentos por medio dun contundente comunicado. Como tamén é de xustiza recoñecer o apoio da Igrexa Católica á Fundación Secretariado Xitano, sobre todo no eido educativo e da infancia, que ven traballando de forma moi seria en políticas inclusivas e de desenvolvemento do pobo xitano dende unha perspectiva intercultural. Non esquezamos que a e construción dunha sociedade inclusiva e igualitaria é unha tarefa complexa que a todos atinxe.

Comparte este artigo:
Facebook Twitter Digg Email

One response to Onte 1185: «Personas en general»

  1. Apostaria a que a persoa que redactou eso leva anos traballando duro e desintetesadamente en favor dos colectivos mais desprotexidos, coma poden ser os xitanos. A redacción e moi torpe, pero gustariame saber qué fixeron na sua vida polos xitanos os que agora tanto se escandalizan.

Deixa unha resposta

Podes utilizar algúns tags HTML para formatear a túa resposta. Preme no seguinte link HTML. <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

*

Canto suman 2 + 4 ?
Please leave these two fields as-is:
Esta pregunta faise porque a maioría dos comentarios veñen de robots. Deste xeito sei si és humano.