Onte 1018: Abanca

bretemas —  27 de Xuño de 2014 — 1 Comment

abancalogo

Asistín no serán de onte ao acto de presentación da marca e do proxecto de Abanca, apenas unha hora e cuarto dunha modélica sesión de comunicación corporativa. Mudaron moito os modos no que foron as desaparecidas caixas galegas. Mudaron as formas de comunicación dos líderes do proxecto que falaron sen papeis con micrófonos inalámbricos, apoiándose no soporte audiovisual, movéndose polo escenario, ao xeito dos lideres das empresas punto com. Por ventura, mudou o emprego das linguas, optando polo galego como lingua preferente, tanto dende o rotundo acerto da galeguidade da marca (presente tamén na cor e na escolla tipográfica) coma o seu emprego na comunicación corporativa. E mudou, sobre todo, o discurso, alicerzado agora sobre a eficiencia dunha banca con valores, chantada en Galicia e procurando o liderado no norte de España. Chamoume moito a atención o discurso literario de Juan Carlos Escotet, asumindo e liderando a responsabilidade do novo proxecto, como nas súas formas relacionais, tan afastadas daqueloutras imperiais dos que eran donos e señores das caixas. No remate do acto, no entorno de semellante entusiasmo corporativo, acertou Feijoo cando introduciu unha nota de necesario escepticismo. ABANCA, tras a desfeita das caixas, deberá gañar día a día a reputación perdida cos seus clientes, co seu cadro de persoal e coa sociedade galega á que serve. A estrea de onte, coa sintonía de Carlos Núñez, prometeu. Ogallá dentro duns anos poidamos recuperar esta anotación como a do día no que se presentou un banco en valores ao servizo de Galicia, ogallá.

Comparte este artigo:
Facebook Twitter Digg Email

One response to Onte 1018: Abanca

  1. O da modélica comunicación corporativa, no a é tal. Hoxe 30 de xuño as 10 da maña nos chegou ás/aos seareiros da OSG o convite para o concerto da nosa orquestra na mesma noite, malia non o xeito de nos afacer coas devanditas entradas. Inda ten, A nova BANCA, moito que medrar no eido da reputación no que as relacións coas persoas refire.

Deixa unha resposta

Podes utilizar algúns tags HTML para formatear a túa resposta. Preme no seguinte link HTML. <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

*

Canto suman 3 + 7 ?
Please leave these two fields as-is:
Esta pregunta faise porque a maioría dos comentarios veñen de robots. Deste xeito sei si és humano.