Onde vou?

Non comparto a mala fama que ten Sal como cidade de escasa actividade cultural. Teño o corazón dividido polos convites que recibo para o serán de mañán: conferencia de Quin no Clube Faro, inauguración de Diáspora. 10 artistas galegos no exilio latinoamericano (a exposición que comisaria Carlos Bernárdez) e presentación de Balada Solitaria, o último poemario de Fran. Non sabe un a que chamada acudir, todas á mesma hora nun radio de apenas cincocentos metros. Os tres son amigos, os tres actos, con certeza, moi interesantes. Aos tres dixen que iría. Onde vou?
11 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Difícil …

    (Tan difícil como atopar unha moeda de tres caras para podela botar ao aire e que axude na decisión).

    En todo caso, os tres ‘convidantes’ han comprender ben que non tes o don da omnipresencia (ás veces non viría mal).

    Alégrome de que Vigo teña esa riqueza cultural.

  2. folerpa
    folerpa Dice:

    Eu non o dubidaría, dende aquel “pedramol” descoñecido fito da poesía galega.
    Grazas polo enlace, estou cheo de gozo.

  3. Cambados
    Cambados Dice:

    Vaite á conferencia de Quin, home. Levamos 16 anos agardando o cambio e agora hai que poñer algo da nosa parte. Aínda que a min tampouco me ilusionan as candidaturas do BNG nin moitas cousas que están pasando ultimamente…Pero é o único decente que temos para cambiar…Só hai que ver o que temos na outra alternativa para o cambio: Pérez Mariño, Méndez Romeu, Paco Vázquez e compañía.

    Pensa que, por unha vez, a poesía pode esperar e Fran saberá disculpalo. Despois de todo, ten que haber cambio para que haxa mil primaveras máis para a lingua, a poesía e a cultura.

    Vaite á conferencia, Manolo!!!

  4. Cambados

  5. Ian
    Ian Dice:

    Eu, sabes da miña amizade coa cabrafanada, recomendoche que vaias á conferencia de quin, é alí onde a túa presenza achegará máis esperanza. Ese é o teu partido, o da esperanza, non tal?

  6. Cesare
    Cesare Dice:

    Se quere o domingo vir a unha voda, convídoo. Polo menos aos vermús. Non hai lista de agasallos nin nada diso. Incluso pode casar de novo, polo civil.

  7. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Non sexas parvo. Vai á presentación do poemario de Fran Alonso. O poemario do Quin xa coñecido dabondo… Con votarlle xa vai servido como por riba ter que rirlle as grazas…

Los comentarios están desactivados.