Novos argumentos e procedementos para o galego

Moi interesantes parecéronme as conclusións (poden baixarse aquí en pdf) do Vº curso de verán sobre Dinamización Lingüística «Traballando coa lingua». A actual presión galegófoba, como a aceleración do proceso de substitución lingüística, obrigan a crear novos argumentos para o noso discurso de fomento do galego. Precisamos tanto novos argumentarios –conciliadores e firmes ao mesmo tempo, para dirixirnos con garantías de ser escoitados polos diversos sectores sociais– como utilizar distintas ferramentas e soportes para comunicalos (dende os procedementos máis convencionais da sociedade analóxica aos de carácter audiovisual e informático, moi eficaces na rede e nas novas redes sociais). No entanto, isto non abondará se non somos capaces de volver vencellar o galego con valores sociais positivos, o que axudaría a desmontar tantos prexuízos e falsidades existentes sobre o galego (que son manexados de forma demagóxica polos sectores galegófobos) e, o que non é menos importante, aumentar o perímetro do abrazo da nosa lingua. No fomento do galego, cómpre pasar do antipático resistencialismo da cultura da manifestación e da consigna a unhas posicións máis proactivas e creativas, nas que coa maior xenerosidade e pluralidade utilicemos con intelixencia e sutileza todos os medios ao noso alcance. Non está de máis recordalo, ás portas de coñecer os resultados da enquisa de Feijoo e do inicio da nova campaña de GB (unha nova trampa para a Consellaría de Educación).

2 comentarios
  1. calidonia
    calidonia Dice:

    Estaría ben comezar por chamarlle ao galego IDIOMA e non lingua ou fala. Nos conceptos se libra a batalla da comunicación.

    P.S.: Incomodísima por non dicir máis a publicidade emerxente que segue aparecendo cada vez que visitamos o seu blogue.

  2. A.C
    A.C Dice:

    Atinada reflexion D. Manuel. Como escribeu alguien en este blog :”ainda han ter k volver os da boina para k o galego volva a falarse normalmente”.O dia 25, Fraga, na entrega das medallas a os ex-presidentes da xunta, dixo k unha avoa sua so falaba o galego, e a Feijoo, chamoulle Feixoo.E nadie se asustou.Sobre a enkisa, todo e fume, a o final todo kedará pouco mais, pouco menos, os politicos son asi.

Los comentarios están desactivados.