Nova etapa política

No artigo da semana analizo os tres feitos que, na miña opinión, abren unha nova etapa na política galega: as marchas obrigadas de Fraga e Vázquez e a proposta dun Estatuto de nación por parte do BNG.
8 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Evidentemente o termo é correcto desde o punto de vista do dicionario, pero xa sabe que apenas hai denominacións inocentes. E a de “Santa Sé” non o é.

    Se vostede é progresista, como proclama, debería ter algo máis de coidado cos termos que usa, porque pode estar lexitimando determinadas cousas que non son de recibo. A política da Igrexa Católica non é de recibo nun 99,99%. Así de claro.

    Viva a sociedade laica!
    Ningún privilexio á Igrexa, nin sequera terminolóxico!

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Meu amigo anónimo: emprego ese termo porque cría que é a denominación oficial e para establecer un certo contexto irónico. Comprobo que non o conseguín. Non teño porque afirmar en cada un dos textos que escriba as miñas posicións inequívocas a prol do laicismo en todos os ámbitos.

  3. mourullo
    mourullo Dice:

    Certo, Santa Sé é a denominación oficial. Pódese ver, por exemplo, cando falan das súas embaixadas os departamentos de asuntos exteriores dos gobernos español, da moi laica Francia ou do anglicano Reino Unido. E non creo que estes dous últimos países teñan sona de “privilexiadores” da Igrexa Católica.

    En referencia ao seu artigo, cada vez semella máis evidente que vivimos tempos ben interesantes na política galega. Agora veremos que tal se leva o de pasar das adhesións inquebrantables ao debate na procura de acordos.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Evidentemente que é a denominación oficial. Pero, que eu saiba, o autor do artigo non é ningún embaixador nin Ministro de Asuntos Exteriores de ningún país.

    Habendo como hai expresións sinonímicas alternativas, desde unha posición laica e progresista a expresión máis exacta sería a máis neutra: Vaticano, sen máis.

    Na linguaxe tamén se libran “batallas”, e estas comezan a perderse cando usamos acriticamente a linguaxe dos que queremos “combatir”.

    (Enténdase o de batalla e combate no seu preciso contexto, non na súa exacta literalidade militar: por iso as puxen entre aspas).

  5. Anonymous
    Anonymous Dice:

    De todos modos, o autor do artigo non cometeu ningún “delicto”, nin tampouco é acusado de nada. Só quixen chamar a atención sobre un asunto de gran importancia simbólica, e sobre a necesidade de ter máis coidado co mesmo. Nada máis.

  6. Anonymous
    Anonymous Dice:

    O BNG “mantén con firmeza os seus apoios”… pois menuda debacle!. ¿Esperarán que lles toque sempre a lotería de gobernar así de baratiño?

  7. Renato
    Renato Dice:

    Comparto a análise de Bragado sobre as enquisas. Eu mesmo fixen unha análise parecida nalgún deses foros que andan -ou andaban- por aí. O BNG, segundo eses datos, non baixaría a súa representación parlamentaria en Galicia. De todos modos creo que se lle está a dar demasiada importancia a unhas enquisas feitas tan só seis meses despois das eleccións.

Los comentarios están desactivados.