Neira Vilas e Mar Guerra hoxe na Feira do Libro da Coruña

Tras a agotadora xornada de onte e senllas magníficas presentacións, hoxe volvemos á Torre para acompañar a Mar Guerra e a Xosé Neira Vilas nos seus actos. As primeiras impresións (xa adianto que moi pesimistas) recibidas dos libreiros apuntan a unha baixada nas vendas da primeira fin de semana con respecto ao ano anterior, a pesar de que o número de visitantes foi moi elevado. No obstante, polo vivido onte non teño dúbida que a Feira do Libro da Coruña , a pesar da crise e do andazo, mantense por ventura como a máis importante cita da cultura do libro en Galicia. Agardamos que a semana continúe co mesmo pulo co que comezou.

1 comentario

Trackbacks y pingbacks

  1. […] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, Aulo. Aulo said: RT @bretemas: Saíndo para Coruña onde este serán acompañaremos a Mar Guerra e Xosé Neira Vilas na presentación dos seus novos libros http://bit.ly/9snGoI […]

Los comentarios están desactivados.