Manuel Seixas

Soubemos por Vieiros que o noso amigo Manuel Seixas posúe un espazo web. As súas facetas como narrador, poeta, músico (guitarrista virtuoso), ensaísta, editor (Madame Mir é o seu selo) ou profesor de filosofía amósanse neste vizoso espazo de creación. A páxina é moi recomendable; pódense ler os seus últimos textos, informarse dos seus proxectos musicais (sexa o seu traballo en solitario ou en Korosidansas o da súa nova aventura Neuroband) ou coñecer as súas últimas creacións sonoras. Non ten desperdicio escoitar a psicofonía recreada a partir das palabras proféticas do famoso alcalde de Negreira. Con este novo proxecto na rede, Seixas demostra que continúa sendo un dos rachadores do conformismo da nosa creación cultural. Parabéns por arriscarse con semellante proeza.
1 comentario
  1. hojasdehierba
    hojasdehierba Dice:

    Korosidansas eran… indescritibles :). O cantante era Josito Porto (non sei se sigue a sair en Platos combinados…). ¡Qué tempos!
    Saúdos.
    Hai Cada

Los comentarios están desactivados.