Fume, moito fume

Prolingua expresouno onte á noite con toda claridade: «Pacto do Courel? Fume de palla!». Os «inxenuos» que poderiamos conservar unha mínima esperanza de que vencese a racionalidade e puidese ser retirado o decreto quedamos esta mañán ben desenganados: «Feijóo exclúe do pacto polo galego do idioma escolar». O ofrecemento do Courel quedou apenas nun fume, moito fume inane que nin sequera chegou a formar nube. Como sinala o mestre Fermín Bouza, continuaremos teimando en que a saída para o futuro do idioma reside en recuperar o consenso forxado arredor do Plan Xeral de Normalización da Lingua de 2004 e na Lei de Normalización de 1983. Velaí o punto de encontro dende o que volver pular por políticas normalizadoras capaces de atallar esta hemorraxia. O demais é fume, moito fume.

4 comentarios

Trackbacks y pingbacks

  1. […] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, Alba López . Alba López said: RT @bretemas «Fume, moito fume», anotación no blog, http://bretemas.blogaliza.org/2010/05/19/fume-moito-fume/ […]

Los comentarios están desactivados.