FNAC en venda?

Será certa esta noticia? Hoxe polos corredores de Liber non se falaba doutra cousa. Non esquezamos que estaba previsto que a cadea francesa de distribución de produtos culturais abrise un establecemento na Coruña na vindeira primavera.
Noutra orde de cousas, é importante salientar que, por fin, o estand de Galicia en Liber ten un deseño xeitoso e de país moderno. Para vindeiras edicións só haberá que facer algúns retoques funcionais (como procurar unha mellor ubicación, máis central e con maior capacidade de exposición), mais imos polo bo camiño. A única chata que lle poñería é a denominación escollida para o estand (obxecto de bastantes brincadeiras por parte de expositores doutras comunidades: coa saída de Fraga da Xunta mudou, tamén, o nome do voso país?). Eu preferiría a denominación de “Libros de Galicia”, sinalando a presenza conxunta e solidaria da Consellaría de Cultura e dos editores privados. Tamén é un orgullo que tres dos nosos editores teñan estand propio: Nova Galicia, Kalandraka e OQO, mostra da vitalidade exportadora destas empresas. Beizóns para elas (que polas informacións están tendo unha moi boa feira).
Etiquetas: ,
4 comentarios
  1. MSP
    MSP Dice:

    Hai uns anos case se convertera nunha obsesión para min o feito de que abrisen un FNAC en Galicia, sobre todo cando visitaba o de Madrid ou Lisboa. Falárase (hai tempo xa) de abrir un en Santiago, en Área Central, aínda que quizais en Vigo e sobre todo na Coruña (tan necesitada dunha boa libraría e dunha boa tenda de música) terían unha mellor acollida.

  2. X
    X Dice:

    E digo eu, agora que a familia Jove vai ingresar uns euriños substanciosos podían pensar en mercala, aos galegos viríanos moi ben posuír unha empresa desas características e dimensións.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    ¡Qué ben lle facedes o francés ós franceses!
    Non se nota casi nada que as vosas estanterías de livros e discos, están declaradas zonas catastróficas, coma o voso cerebro, máis ou menos.
    ¡Hala! Seguide chupando (pa unha cousa que facedes ben…)

Los comentarios están desactivados.