«Dona Carme», novas versións

Procuraba unha versión na rede de Dona Carme para utilizar como apoio visual hoxe na Casa da Lectura, cando atopei estas dúas, a que ilustrou Carreiro en 1990, e a segunda, versionada e protagonizada polos nenos e nenas do Primeiro Ciclo do E.P. CEIP de Valeixe, cun inicio novo, novas personaxes e novo final. Obrigado quedo polo traballo, é unha versión moi boa e unha presentación moi bonita.

Moi orixinal son, tamén, estas dúas versións preparadas no Colexio Público de Palmeira, en galego e en inglés, unha lingua da que non coñecía existese versión. O traballo de Palmeira forma parte dunha serie formidable «Rato Paco», para traballar na uala diversas competencias a partir de textos populares e clásicos. Quedo abraiado coa calidade destes materiais de animación lectora en galego. Grazas a todos os mediadores que reparan en libriño tan modesto que, despois de vinte anos, continúa gustando.

Recomendo ver as versións en pantalla grande.

1 comentario

Trackbacks y pingbacks

  1. […] «Un caligrama: a miña bandeira», unha imaxe preparada en letraset por Agustín Fernández Paz e «Dona Carme, novas versións», ao fío da miña feliz tarde na Casa da Lectura dos meus amigos e maigas de espazo […]

Los comentarios están desactivados.