De Sant Jordi ao 17 de maio

No artigo da semana fago unha crónica da experiencia do Sant Jordi 2007 e pretendo sacar algunhas experiencias que se poderían aproveitar para as nosas Feiras do Libro, Culturgal e 17 de maio.

Etiquetas: Artigos
4 comentarios
  1. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Hai que facer unhas ramblas por Vigo. As costas son máis pronunciadas pero hai que invadir as rúas cos libros. Molestar, estorbar, poñer barricadas de libros. Armala, en definitiva. E rosas que son rosas que son rosas.

  2. marcos valcarcel
    marcos valcarcel Dice:

    Como sempre, temos moito que aprender dos cataláns.
    Esoutro día viña en La Vanguardia, non sei se o viu o amigo Bragado, un artigo sobre a polémica (alí tamén) dalgúns que pedían que o Sant Jordi fose festivo: a conclusión era contundente, o éxito dese día está no seu carácter laborable, entre outras cousas (non sei se se poden facer paralelismos…).

  3. Brétemas
    Brétemas Dice:

    A polémica exuste; mais tamén un consenso importante para non modificar nin o seu carácter laborable e lectivo. Estou convencido que o 17 de maio noso debería ter ese mesmo carácter.

Los comentarios están desactivados.