Está vendo o arquivo da categoría » Humor

A crise con «humor»

bretemas —  3 de Outubro de 2008

Ficción ou realidade?
Vía Escolar.

Ler complica a vida

bretemas —  24 de Marzo de 2008

Cifras e letras en Telemadrid

bretemas —  18 de Marzo de 2008

O bo do noso amigo Paco Lodeiro quedou pampo. Non hai dúbida que o seu programa serve para ampliar vocabulario.

Chispas de Quesada

bretemas —  18 de Novembro de 2007

No artigo de semana fago unha breve semblanza do traballo de Quesada en Faro de Vigo con motivo da presentación da súa antoloxía, o xoves 22 de novembro en Vigo.

Etiquetas:

"Chispas de Quesada"

bretemas —  4 de Novembro de 2007

Nos próximos días recibiremos os primeiros exemplares de Chispas de Quesada, un volume que recolle unha antoloxía de máis de duascentas viñetas, da colaboración diaria que Quesada mantén de forma ininterrompida en Faro de Vigo durante os últimos corenta anos. Unha antoloxía, impregnada da súa visión irónica e crítica da vida, que constitúe un percorrido pola actualidade política, social e deportiva de Galicia e, especialmente, da cidade de Vigo, desde 1967 á actualidade. A emigración, a transformación da cultura tradicional galega, o desemprego, os avatares da política internacional, a corrupción política, o problema das comunicacións, as promesas dos políticos, as relacións de parella ou diversas homenaxes aos amigos, son algúns dos temas abordados nesta antoloxía polo decano dos humoristas gráficos galegos en exercicio. O libro abre unha serie de antoloxías na que Xerais pretende recoller a obra dos mellores humoristas gráficos galegos.