Entradas por bretemas

Detrás de PISA

Nos resultados do informe do Programa para a Avaliación Integral do Alumnado (PISA) 2022, Galicia encabeza os rendementos medios estimados no ranking de Ciencias, situándose por riba do termo medio de España, UE e OCDE tanto en Matemáticas como en Lectura, a pesar de empeorar, como o resto das comunidades e dos estados, nas puntuacións […]

#GrazasHemato

Abracei por vez primeira a Hematocrítico interrompendo unha sinatura multitudinaria na feira do libro da Coruña. Acababamos de publicar a edición de Feliz Feroz. O lobiño riquiño (Xerais 2016), que fixera Anaír Rodríguez, dende entón a voz da súa obra en galego. Confeseille atrapallado que era un seguidor das súas novelas gráficas e do seu […]

Culturgal

Desde a primeira edición de 2007 organizada no Pazo da Cultura de Pontevedra pola Asociación Galega de Editoras, Culturgal mantívose como lugar de encontro anual entre públicos, profesionais e creadoras das diversas industrias e manifestacións culturais galegas. Renomeada nesta décimo sexta edición como «Feira das Culturas Galegas», continúa mantendo o seu carácter de evento cultural […]

Medios públicos

Os participantes no debate sobre Medios públicos na xornada «IIº Tecendo xornalismo», organizada pola Fundación Luzes, coincidiron na necesidade de que estes medios conten cun «consello de informativos» ou «consello de redacción» como garante dunha información independente, honesta e de calidade. Os tres xornalistas galegos, Xabier Fortes, presentador de La noche 24 horas (TVE), Daniel […]

O Vigo primeiro

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a algunhas das pezas da exposición «Vigo no tempo»: Nas visitas guiadas á exposición «Vigo no tempo» (VT) entre as fontes documentais varias pezas chaman moito a atención das visitantes: o primeiro documento onde aparece citado Vigo (1097), procedente do Arquivo Histórico Nacional de Madrid, Tombo […]

Librarías

Coincidindo con San Martiño (os trompos ao camiño) e os primeiros magostos, celebrouse o sábado o día das librarías, data incluída dende hai doce anos no calendario galego do libro e da lectura. Concibida como inicio da campaña de vendas de Nadal, anticipándose aos descontos do Black Friday (24 de novembro) que están en voga […]