Entradas por bretemas

Oficio de edición

Italo Calvino confesou que traballando nunha editorial «se lle volve a un o corazón de pedra», «alí un remata por non sentir nada, por asumir unha máscara de cinismo». Afirmacións con intención de desmitificar o oficio de edición, que exerceu durante tres décadas en Einaudi editore, mais que no fondo reflicten algo que sabemos todos […]

Elas, exiliadas e emigrantes

Dedico  o artigo da semana en Faro de Vigo a exposición «Pontevedra e América. Unha mirada feminina 2023» : No espazo público da ampla terraza de Vialia, diante da Sala Inmersiva, estivo instalada durante dous meses a exposición itinerante «Pontevedra e América. Unha mirada feminina 2023» producida pola Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago dentro […]

Celebrarmos Rosalía

A recuperación da corda da dignidade para a figura literaria e política de Rosalía de Castro é un dos éxitos recentes máis rotundos da cultura galega. A celebración do 23 de febreiro, data de nacemento da escritora, promovida pola Fundación Rosalía de Castro (FRC) e pola AELG, gaña cada ano máis atención nos centros escolares, […]

Ceferino na lembranza

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao primeiro cabodano de Ceferino de Blas: Lembramos con saudade e gratitude a Ceferino de Blas no seu primeiro cabodano. Tras unha traxectoria xornalística na súa Asturias natal, chegou a Vigo o primeiro de outubro de 1986 para facerse cargo durante apenas seis meses da dirección […]

Desgrazas celtistas

O celtismo celebrou o gol 200 de Iago Aspas cunha derrota inxusta no tempo engadido, tras un penaltiño inocente de Fran Beltrán, cuxo lanzamento con paradiña incluída de Lewandowski foi detido por Guaita, mais que tras a polémica repetición ordenada polo VAR foi transformado pola estrela polaca. Outro desenlace tristísimo para o Celta de Benítez […]

Acordo pola lingua

Abondaron apenas dous minutos do debate da CRTVG para que Rueda premese na campaña a tecla antipánico e recuperase o discurso ultra da «imposición del gallego» de hai quince anos. Amosou que calquera referencia ao galego ou nova proposta para o seu uso lle parece excesiva ou perigosa. Sentiuse atacado por Besteiro cando convidou aos […]

Na Finca da Marquesa

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao Parque e Museo de Castrelos: Camiñamos até a Finca da Marquesa, nome que a miña avoa Maruja empregaba para ao parque de Castrelos, coa intención de gozar nos xardíns históricos do Pazo da espectacular floración da magnolia soulangeana no seu máximo esplendor. Un manto rosa […]

Precariedade estratéxica

As Galegas son o momento propicio para avaliar os logros e os fracasos de sectores estratéxicos para Galicia, como dende 2006 é o do libro e a lectura. Un balance político ao que non poden ser alleas as asociacións empresariais e profesionais, como a Asociación Galega de Editoras (AGE), que lamentaba nestas páxinas o escaso […]

Merdeiros da Ribeira

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ás figuras de escabicheiros e merdeiros da Ribeira doBerbés: Un dos cadros que máis chamou a atención dos públicos diversos da exposición «Vigo no tempo» foi un óleo do asturiano Juan Martínez Abades que representa a recollida de algas na Ribeira do Berbés en 1892. Cedida […]