Entradas por bretemas

Memoria da Terra Chá

O escritor chairego Paco Martín leu o comezo da súa intervención na Polavila Docampo 2024 unha noticia que nos deixou estupefactos e rezaba máis ou menos así: «A proposta do Instituto de Estudos Chairegos levada ao pleno do concello de Vilalba para denominar unha sala do conservatorio de música, a casa da cultura e a […]

Galician books

A edición galega regresou á Feira Internacional do Libro Infantil de Bologna, onde grazas á axuda de Cedro e da fundación Xistral contou cun espazo dentro do propio da Federación do Gremio de Editores de España. Unha decena de empresas, entre elas Kalandraka con amplo espazo de seu, contarán co apoio dun catálogo de dereitos […]

O descoñecido Carolo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á figura do descoñecido Carolo, primeiro heroe da Reconquista: Da fértil representación da Reconquista, celebrada a pasada fin de semana, foi o lance máis emocionante (como ven sucedendo todos os anos) o da morte de Carolo, o heroico protagonista do derrubamento a machadazos da porta da […]

Polavila Docampo

O editor Antonio Ventura incitou a Xabier P. DoCampo a que escribise un libro sobre o valor da lectura dirixido a persoas mediadoras. Tirando dese fío, Xabier, namorado do xénero epistolar como recurso creativo e de intervención política, escribiu unha das súas obras senlleiras, Catro cartas (Anaya, 2000; Xerais, 2020), na que reflexiona sobre a […]

Hiperpoética

Carmen Villar Alonso publica nos seus perfís de Twitter (@CarmedeMilmanda) e Instagram (@rosmoninha) un proxecto fotopoético escolmado no libro Os mil e un días (Xerais 2023), un dos formatos editoriais anovadores da nosa efervescente poética actual. Seguida por milleiros de lectoras e aproveitando as utilidades hipertextuais destas redes, como a multimodalidade que permite mesturar texto […]

Viguesas distinguidas

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ás Viguesas distinguidas: Entréganse hoxe as distincións «Vigueses e viguesas distinguidos» coas que o Concello de Vigo, segundo establece no seu Regulamento de honras e distincións, recoñece «a persoa ou grupo de persoas que sobresaíron ao longo da súa vida polas virtudes humanas ou polo seu […]

«Se queres…»

Pasado o día do Cómic (17 de marzo) e ás portas dos días internacionais da Poesía (21) e do Teatro (27), celebramos hoxe o día da Narración Oral, data mundial nacida en Suecia (1991) coa que, coincidindo co equinoccio de primavera, as narradoras orais festexan contando contos a súa profesión, arte e oficio. Organizada en […]