Aniversario da Radio Galega

Hoxe hai vinte anos que comezou as súas emisións regulares a Radio Galega. Vinte anos ininterrompidos de servizo público que merecen ser recordados. Un traballo fundamental para o noso proceso de normalización lingüística e cultural. A nosa radio pública é moito máis aberta e plural ca maioría dos medios galegos. A contribución de programas como o Diario cultural, o Miradoiro, a atención constante nas fins de semana ao deporte galego, e, sobre todo, á música de noso son impagables. Por riba, podemos escoitar na rede as súas tres canles. Cando en Galicia é tan frecuente banalizar calquera achega pública, debemos felicitarnos de contar cunha emisora coma a nosa. Beizóns para os seus profesionais.
5 comentarios
  1. O LEPROSO APOSTATA
    O LEPROSO APOSTATA Dice:

    E non esquezas PENSANDO EN TI de Marcial Mouzo; e que pola noite tamén se emite en galego. Por certo, ten chamado Carlos Casares, curioso.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Pois eu escuito habitualmente desde a Rede a RGmúsica e practicamente o 90% da música que emitem é espanhola ou anglosaxona, e, por suposto, em espanhol ou, ainda maioritariamente, em inglês.
    Mádia leva! Se isso é umha rádio galega e umha forma de fazer país, sim, estamos de noraboa

  3. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Non esquezas que tamén hai outra emisora que só emite música galega. Con todo, non debe ser tan ruín cando a escoitas “habitualmente”.

  4. O LEPROSO APOSTATA
    O LEPROSO APOSTATA Dice:

    Pois a Radio Galega abrangue todos os estilos, ata a música de bandas. Home, mellor era que se apostase por unha emisión máis agresiva, máis moderna que conectase coa mocedade. Só é cuestión de crear outra emisora. ¿Quen non lembra a finada de Radio Noroeste?: en galego que foi. E moi, moi vangardista. Por desgraza, foise co vento.

    O galego na radio é moi importante, ten en conta que a escoitamos aqueles que vivimos na rúa, que imos ó super, mentras traballamos… e é unha axuda para a nosa formación, para actualizar o idioma.

    Non sei, vaia. Creo que é máis patética a televisión galega.

  5. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Estou contigo. prefiro a Radio Galega á TVG. Con todo, na tela vaise abrir axiña unha xanela de esperanza: a segunda canle. Será importante para que sexa posible a emisión doutro tipo de programación, con máis contidos culturais, para nenos e para mozos. É unha mágoa que a programación actual estea baseado nas retramisións de fútbol (que acabará nunhas tempadas) e de programas como os do Piñeiro. Con todo, na TVG hai algunhas experiencias insuficientemente valoradas como a do “Minuto do libro”, un espazo con poucos precedentes, mesmo nas televisións públicas de calidade.
    Estou contigo no de “Pensando en ti” de Mouzo. téñoo escoitado con interese nas miñas viaxes pola autoestrada á noite.

Los comentarios están desactivados.