A responsabilidade dos bipartios municipais

No artigo da semana reflexiono sobre a responsabilidade decisiva dos bipartitos municipais para visualizar a existencia dunha alternativa ao poder conservador. Creo que ineludible abandonar o seu modelo bipolar, apostando polo transversalismo e o consenso. 

Ilustración: Vigoblog.

1 comentario
  1. Marcos Piñeiro Paz
    Marcos Piñeiro Paz Dice:

    Xa que me animei a comentar no último “Campo de Granada”, sigo con este.
    Hai un aspecto destes bipartitos (que polo de agora non o son) que creo que non favorece en nada o BNG. Na noite electoral do día 1, en Vigo, Teresa Táboas dixo, máis ou menos, non é literal, que o positivo era que o BNG mantiña unha base de votantes que impedía o perigoso bipartidismo que se estaba a dar en toda España. Para min isto é unha tremenda contradicción. O modelo de pacto ó que chegaron Bloque e PSOE que aplican indistintamente en corporacións, xunta e deputación, deixan para os galegos somentes dúas opcións de voto. Conservador ou progresista (ainda que a min non me gusta nada estes termos perniciosos que só usa a esquerda). O BNG, para ser o partido forte e independente que, creo, necesita Galicia, debe desvincularse do Psoe. Porque o Psoe ten a facultade de fagocitar todo o que cheira a esquerda. O BNG ten que se definir. Unha rexeneración total e sana pasa por decidir se quere ser comparsa do Psoe para tocar poder, ou se declarar autónomo, coa merma de poder que iso ía supoñer.
    Tampouco o BNG é o Real Madrid para non se poder permitir dous ou tres anos sen títulos, ¿non?. Se quedan porriba do Psoe en calquera elección que pacten pero poñendo o nacionalismo por diante. Senon, se quedan por baixo e pactan a calquer precio, estrán alentando, máis que ninguén o bipartidismo que non queren.

Los comentarios están desactivados.