A «Luz de Tebra» de Ánxel Vázquez de la Cruz

Coñecín ao doutor Ánxel Vázquez de la Cruz un día de xuño de 1998 no restaurante Airas Nunes de Compostela. Foi el quen presentou O lapis do carpinteiro, a novela do seu amigo Manuel Rivas. Neste serán mudarán os papeis, e será o escritor Manuel Rivas quen presente o libro de relatos do seu amigo Ánxel Vázquez de la Cruz. Eduardo Galeano definíu ao pediatra escritor de forma certeira: «Ánxel acepta ser llamado doctor aunque él cura contando» e, abofé, de quen le este libro sorprendente dificilmente pode rebater ao xenio uruguaio. Despois de case un ano de preparación, non hai dúbida de que hoxe é o día de Ánxel, que aparece entrevistado en varios xornais falando, como doutor que é, do poder curativo das palabras, sen esquecer o seu papel como «rescatador» de historias. Desta ducia de relatos médicos tecidos cos fíos da experiencia de Ánxel falarán este serán Rivas (autor dun prólogo entusiasta do libro) e o doutor Manuel Salorio.

Mágoa que hoxe tamén despidamos a Xosé Luis de Dios, esoutro xenial rescatador de luces, cidadántudense coma Ánxel, amigo de todos nós e tan importante nas edicións da mítica novela de Manuel Rivas. Para a familia e as amizades de Xosé Luís, todos os nosos abrazos.

3 comentarios
  1. Xoan Piñón
    Xoan Piñón Dice:

    Ángel, unha persoa entrañable … a presentación na Feira do Libro de A Coruña foi marabillosa sempre envolta pola simpatía e o xeito de contar de Ángel. Calqueira coversa con el, sería o comenzo doutro libro. ¡unha aperta amigo!

Trackbacks y pingbacks

  1. […] apareceron outras referencias sobre o sorprendente libro de relatos de Vázquez de la Cruz no blog Brétemas e na sección «Mira Vigo» do xornalista Fernando Franco. Etiquetas: […]

  2. […] Pero tamén vos convido a pasar pola bitácora de Manuel Bragado, BRÉTEMAS, e ler o artigo: A «Luz de Tebra» de Ánxel Vázquez de la Cruz. […]

Los comentarios están desactivados.