Ver para ler, unha campaña de escaparatismo moi xeitosa

Xa o anunciei hai días en Twitter. Esta campaña de escaparatismo de Ópticas Santorum de Lalín é magnífica. O emprego de libros como apoio publicitario da venda de lentes é unha sinerxia que paga a pena divulgar, tanto pola súa capacidade para visibilizar o libro e fomentar a lectura como pola beleza que os álbums ilustrados achega a cada vitrina. Beizóns para a promotora dunha iniciativa que ben podería ser emulada por outros sectores do comercio.

1 comentario

Trackbacks y pingbacks

  1. […] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, María Ballesteros. María Ballesteros said: Pois si, moi chula! RT @bretemas: Ver para ler, unha campaña de escaparatismo moi xeitosa, anotación no blog, http://bit.ly/fNNPir […]

Los comentarios están desactivados.