Está vendo o arquivo da categoría » Xaneiro 2009

Her Morning Elegance

bretemas —  31 de Xaneiro de 2009


Un vídeoclip moi curriño do cantante israelita Oren Lavie.

Vía: Manolo Gago e Ronseis.

Suso Jares, subversión e tenrura

bretemas —  31 de Xaneiro de 2009
Foto: Alicia Serantes
Moito agradecemos a sensibilidade dos responsables d’ A Nosa Terra que lembraron a Suso Jares no Día Escolar Pola Paz. O precioso e potente artigo da súa compañeira Paz Raña Lama e a oportuna lembranza de Antonio García Teixeiro emocionáronos moito.
Onte, tamén lembraron a Suso en Viana do Bolo, a súa vila natal. Alí acudiron Paz e a súa filla Sira para participar nos actos do Día Escolar pola Paz organizados polos concellos e centros educativos da comarca e na inauguración da placa da «Aula Magna Xesús R. Jares» do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.
Teresa Cuíña fíxome esta entrevista que aparece publicada hoxe nas páxinas de «Luzes» de El País Galicia. A fotografía é de Lalo Villar. Grazas aos dous polo seu agarimo e magnífico traballo.

Día Escolar pola Paz

bretemas —  30 de Xaneiro de 2009
Hoxe é o Día Escolar pola Paz. Mais para nós será, ademais, un día de saudades.

Palestina V (Nenos/as)

bretemas —  29 de Xaneiro de 2009

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes.]