- Escribir as notas de traballo e de escrita sempre con pluma en cadernos pautados ou blogs verticais con espiral, que vou numerando e conservando na biblioteca (as miñas brétemas, que así é como hai tempo que chamo a eses cadernos, naceron así). Cubrín un par de Moleskines, que merquei en Italia, mais non son as que máis me gustan.
- Reforzar as tapas destes blogs con tarxetas postais que compro ou consigo alí onde vou.
- Dobrar os lombos dos libros encadernados en rústica en tres partes: primeiro cuarto, a metade e os tres cuartos. Gústame velos así usados nos andeis, cando remato de lelos.
- Subliñar parágrafos ou escribir á marxe comentarios sobre os libros e manuscritos que vou lendo. Resúltame inevitable, tamén, sinalar as grallas, sobre todo cando releo algún dos libros que editamos. Sempre leo cun pilot 0.5 vermello ou lila na man.
- Ordenar os libros de narrativa da nosa biblioteca pola orde alfabética dos apelidos dos seus autores. Moléstame, intimimamente, cando vexo un fóra de sitio, o que, a pesar do meu tesón, sucede moitas veces.
Está vendo o arquivo da categoría » Xaneiro 2006
COLEXIADO GALÁCTICO
Unha das razóns polas que me gusta acudir aos estadios de fútbol é porque sei que alí sempre se representa un drama lonxanamente parecido ao da vida, onde os actores interpretan papeis que en parte están escritos e en parte son improvisados. Así sucedeu onte en Balaídos onde un magnífico Celta interpretou ao longo dos noventa minutos todas as escenas poéticas de maior beleza física e de virtuosismo futbolístico, provocando emocións a eito, facendo vibrar á bancada como ata agora nunca sucedera na tempada, monologando a pracer coa pelota no campo contrario, fartándose de amendrentar a un rival que esquecera totalmente o seu papel de prima dona e que impotente e avergonzado pedía a cada pouco a axuda do intelixente colexiado, que apuntaba sempre na súa dirección. Eis o paradoxo deste espectáculo, onde pode suceder, como lle aconteceu onte á noite aos celestes, que os que mellor xogan e máis merecen a vitoria acaden só ao remate do encontro unha fermosa e dóce derrota. Quizais esta sexa a razón pola que a pesar do resultado adverso e de que o gol marabilloso de Silviña non subise ao marcador, a afección celeste marchase satisfeita e se reconciliase co xogo seu equipo e coa valentía dos cambios do seu coraxudo adestrador. Do papel representado polo Real Madrid apenas se pode dicir que, coa excepción dalgúns detalles técnicos de Zidane e dos eficaces contragolpes brasileiros, interpretou un xogo tosco, lento, aburrido, defensivamente durísimo e moi antideportivo, débendolle o resultado a un colexiado galáctico que non o quixo nunca incomodar.
- Asinatura dun protocolo de boas prácticas editoriais entre as diversas asociacións profesionais do sector do libro.
- Creación de servizos de asesoría xurídica por parte dos diversos colectivos profesionais do sector que asegurasen se respectasen escrupulosamente os termos dos contratos de edición.

A fotografía corresponde a Volta dos Nove de Baiona.
